Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE O TOMBO E O REVEL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

As familias interesadas terán dende o 21 de marzo ata o 5 de abril para presentar a instancia

 

O Concello de Sanxenxo abre o prazo de solicitude de novo ingreso nas escolas infantís municipais de O Tombo e O Revel. As instancias presentaranse preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal) no enlace procesamento electrónico. Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.

As familias interesadas terán dende o 21 de marzo ata o 5 de abril para presentar a instancia. Fóra deste prazo, so poderán presentar solicitudes nos seguintes casos: Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, cambio de concello de residencia da unidade familiar así como outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais. O 27 de marzo, a partir das 17:15 horas, celebraranse en ambas escolas unha xornada de portas abertas para que os que o desexen poidan visitar as instalacións. As familias que obteñan praza deberán formalizar a matrícula entre o 12 eo 23 de xuño.

Gracias ao sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a atención educativa será gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios. A permanencia dos nenos na escola é de 8 horas diarias. O horario máximo de apertura da escola está comprendido entre as 7:30 e as 20:30 horas, de ter demanda real suficiente (30% das prazas totais de cada escola), unha vez iniciado o curso escolar.

En canto ás prazas dispoñibles, no grupo de 0-1 hai 23 prazas; no grupode 1-2, e de 2-3, 20 prazas. Os nenos para as que se solicite praza deberán cumprir o calendario de vacinación infantil do programa galego de vacinación.

O Concello de Sanxenxo conta con 2 escolas infantís municipais (EIM), O Tombo e O Revel. As EIM teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos/as nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas de acordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos. Ambas escolas contan tamén co servizo de comedor con cociña nas propias instalacións.

0
0
0
s2sdefault