Concello de Sanxenxo - O VECIÑO DE DORRÓN, ANSELMO OUTÓN VÁZQUEZ, CUMPRE 100 ANOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

As concelleiras de Maiores, Paz Lago, e a de Cultura, Elena Torres, visitáronno esta mañá para felicítalo e entregarlle un ramo de flores

Sanxenxo6 de abrilde 2024.- O veciño de Dorrón, Anselmo Vázquez Outón, cumpriu hoxe 100 anos. As concelleiras de Maiores, Paz Lago, e de Cultura, Elena Torres, visitáronno esta mañá para felicítalo persoalmente e entregarlle un ramo de flores. Anselmo que vive xunto a súa muller Carmen, de 82 anos, cunha das súas dúas fillas atópase ben de sáude. 

Anselmo, mariñeiro de profesión, comezou a traballar con tan só 12 anos. Xubilouse aos 55 anos o que lle permitiu desfrutar dos paseos camiñando a diario ata a praia de Area de Agra e nadar, verán e inverno, nas súas augas. Hoxe soprará tres velas xunto a súa familia nunha comida familiar.

0
0
0
s2sdefault