O actor Pepo Suevos será o encargado de presentar un acto con photocall, alfombra vermella e moitas sorpresas
O Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo acollerá o vindeiro luns, 29 de abril, ás 20:00 horas, o acto de presentación das Xornadas Culturais 2024 da Lanzada de Maio. Os grupos e asociacións que participarán nas actividades do 11 e 12 de maio, achegaranse para disfrutar dun evento no cal terá lugar a estrea do vídeo promocional de José Troitinho, “O rito das nove ondas”, gravado na pasada edición das xornadas.
Os actores Pepo Suevo e Pablo Morón serán os responsables de presentar o acto, que contará coa presenza das concelleiras de cultura e educación, así coma de representantes da Comisión de Festas, que devanarán os entresixos do que será unha fin de semana cargada de actividades e sorpresas.
A presentación contará tamén cun photocall con alfombra vermella para que os asistentes sintan que conservar e difundir a cultura da nosa terra debe ser sempre unha celebración especial. Os convidados poderán disfrutar asimesmo de actuacións en directo e a organización correrá a cargo de Tatana Teatro, baixo a dirección da actriz Fátima Rey.
A Lanzada de Maio
O pasado ano, o Concello de Sanxenxo e a Comisión de Festas da Lanzada inauguraban o que chegará a ser un referente na cultura da zona: A Lanzada de Maio. Nacida no marco dunhas xornadas culturais para público familiar, tras o éxito da primeira edición, neste 2024 o Concello aposta por melloras e novas incorporacións nas actividades e representacións.
Ás 11 horas do sábado 11 de maio arrincará a actividade coa inauguración das Xornadas, contando cunha pregoeira a cabalo que fará un pasarrúas polo recinto da capela, donde se centrarán as xornadas. Seguidamente, os grupos Os Gatiños, Airiños e Lembranzas amenizarán o inicio das mesmas.
Xa a media mañán será o intre de achegarse á pintura e literatura da zona da man da exposición de Ana Cancela, As dúas portas de A Lanzada, na que a artista presentará creacións realizadas específicamente para o evento. Seguidamente, Marcelino Agís, dende a Facultade de Filosofía da USC, presentará o seu libro Roteiro do Padre Sarmiento, no cal aparece como punto indispensable o paso polas terras de Noalla.
A mañá continuará cunha mostra de Loita de época a cargo do grupo Ulf Klan e un pasarrúas con zancudos, amenizado polo grupo folk Os demos da Petaca. Finalizarase á mañá coa inauguración dos xogos populares para público infantil, coa presenza dunha atracción antiga que fará as delicias dos máis cativos.
Ás cinco da tarde retomaranse as representacións coa participación de Tatana Teatro, co contacontos infantil O tesouro da Lanzada e a visita guiada dramatizada e interactiva para público familiar O que viu o cormorán, centrada na historia e lendas dunha terra lexendaria.
As actuacións tradicionais continuarán da man dos grupos Os Cruceiros, Soalleira e Airiños da Lanzada, para dar paso á segunda función da demostración de loita de época.
Será ás dez e media da noite cando os asistentes poderán disfrutar da Representación do rito das nove olas, a cargo da compañía Tatana Teatro na praia, coa montaxe especialmente deseñada para as xornadas e que únicamente se pode disfrutar nesta data.
Ao remate comezarán os Cantos de Taberna co grupo Os Firrás, que rematarán a festa, logo de facer unha pausa á medianoite para levar a cabo a representación da Queimada, no espectáculo de Tatana Teatro, Noite de Meigas.
Chegados ao domingo pola mañá, as xornadas arrincarán do xeito máis emotivo coa homenaxe ao señor Otilio, o gaiteiro do Salnés, que foi unha figura indispensable na creación e formación tanto de grupos como de músicos de toda a contorna. O acto irá acompañado da actuación dos Airiños da Lanzada.
Ás 12:00 horas terá lugar a misa, seguida da procesión e as xornadas porán o peche coas atuacións de Cantos de Taberna a cargo de Abiñadoira e Cinco en Zocas.
Na presente edición anímase aos asistentes a visitar e disfrutar das xornadas vestidos de época, para así comezar a conformar o que se pretende se convirta nunhas datas de referencia cultural e histórica na zona.