Concello de Sanxenxo - SANXENXO FALA PON O BROCHE A SÚA PROGRAMACIÓN CUN “MAR DE LETRAS” E O ESPECTÁCULO “PAIS, FILLOS E OUTRAS BICHERÍAS”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

A biblioteca de Portonovo acollerá hoxe “A conta delas”, dirixido a público adulto, a partir das 20 horas

 

Sanxenxo, 31 de mayo de 2024.- Sanxenxo Fala pon hoxe broche de ouro a súa programación de actividades. O parque de Punta Vicaño acolleu hoxe pola mañá unha lectura de textos en galego con escolares de 4º de Primaria, “Mar de letras”, nos que participaron os centros educativos de A Florida, Abrente e Portonovo.

As concelleiras de Educación, Nati Parada, e de Cultura, Elena Torres, acompañaron hoxe na lectura ao aire libre ao alumnado e docentes cun fragmento de “As chaves do tempo” de Luisa Villalta e de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro. Cada centro tivo dez minutos para ler os textos elixidos previamente coa única condición de que estiveran escritos en galego. No caso do colexio de Portonovo cambiaron as lecturas por regueifas. Non faltou a música, os alumnos da Escola de Música tocaron unas pezas durante a actividade.

Pola tarde, a partir das 20 horas, a biblioteca de Portonovo, acollerá “A conta delas” con Cris de Caldas, unha actividade pensada para público adulto e de balde ata completar aforo. Xa pola noite, a partir das 22 horas, terá lugar o espectáculo cómico musical “Pais, fillos e outras bicherías” con Pepo Suevos, Manuel Manquiña e Dani Dopazo no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

0
0
0
s2sdefault