O tenente Alcalde, Gonzalo Pita, e o xefe do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo, Toño Folgada, estiveron hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.
A Axencia Galega de Emerxencias redactou un convenio a través do cal lle fixo entrega de desfibriladores semiautomáticos externos DESA, ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil, GES e Consorcio de Bombeiros.
Ademais da firma do convenio, durante a xornada tamén se desenvolveu un curso de formación para coñecer o correcto uso e aplicación de estes aparatos.