Concello de Sanxenxo - Quentando motores para o fin de semana grande do entroido
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O fin de semana arranca o venres, co espectáculo de parodias, que se celebrará, a partir de las 22.00h no Porto de Portonovo. Durante o transcurso da noite poderemos desfrutar de diferentes imitacións humorísticas

Esta iniciativa parte do interese de veciños e veciñas por buscar un momento de participación, diversión y desinhibición, o que levou consigo moitos momentos de risa garantida.

sábado será a Festa do Jato, organizada por diferentes locais de Portonovo, con actividades e música durante todo o día. Os veciños e visitantes poderán disfrazarse de “jato”, e desfrutar das distintas actividades que están organizadas. O obxectivo desta festa é poder presumir da definición que leva implícito o ser de Portonovo, ser “Jatos”.

O DÍA GRANDE DO ENTROIDO  

O gran día do entroido no noso municipio será o domingo 18, durante todo o día. 

Pola mañá, celebrarase o Desfile Concurso Infantil de Disfraces, con 1.300€ en premios. Este desfile partirá ás 12.00h. desde a Avda. Luis Rocafort, para concluír na Praza dos Barcos. 

Os interesados en participar aínda están a tempo de inscribirse, ben sexa no Pazo Emilia Pardo Bazán, no teléfono 986.72.79.36 ou o propio día, no Club de Xubilados de Sanxenxo, dende as 10.30h. ata as 11.30h. 

Gran desfile de Entroido e concurso de disfraces irá, como é habitual, dende a vila de Sanxenxo ata a de Portonovo. 

Este desfile tamén será o domingo 18 e partirá da Avda. Luis Rocafort, ás 16.30h., para percorrer o paseo de Silgar, Punta Vicaño,  a PO-308, e Rafael Picó, para chegar ao recinto portuario, onde se concentrarán os participantes. 

Ao concurso poderán concorrer todos os maiores de 16 anos, nas categorías individual e parella e grupo de ata 8 compoñentes, de 9 a 20 integrantes e de máis de 20. Así como tamén a categoría fantasía, que deberá estar composta por un conxunto de máis de 20 membros. 

Haberá 3 premios para cada unha destas categorías, destinándose a este fin un total de 8.225€. As inscricións poderán formalizarse, ao igual que no outro desfile, no Pazo Emilia Pardo Bazán ou no teléfono 986.72.79.36. 

Tamén o propio día, as persoas que desexen anotarse poderán facelo antes do comezo do desfile na mesa da organización, que estará no Club de Xubilados da Avda. Luis Rocafort, entre as 15.00h e as 16.00h.

No caso de que ás condicións meteorolóxicas non permitisen que os desfiles se puidesen celebrar, a data elixida para o seu aprazamento sería o próximo domingo día 25.

Ademais o luns 19, terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, organizado por diferentes asociacións de Portonovo. Será a partir das 20.00h. e recorrerá, como é habitual, as principais rúas de Portonovo para rematar no recinto portuario.

0
0
0
s2sdefault