Concello de Sanxenxo - O II Concurso de Música Tradicional de Soalleira foi todo un éxito
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Culture News

O 12 de maio, no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán tivo lugar o II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL SOALLEIRA, no que participaron un total de 39 agrupacións.

A organización correu a cargo da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón coa inestimable colaboración do Concello de Sanxenxo, como parte da programación do Sanxenxo Fala promovido pola Consellería de Cultura.

En total repartíronse en premios 3.500€ entre os grupos gañadores de 4 categorías, clasificadas polas idades dos participantes. As categorías A e C actuaron pola mañá e as categorías B e D pola tarde.

Na categoría A, o terceiro premio foi para o grupo Mouchiñas da Asociación Cultural Fiadeiro de Vigo cun importe de 100 €, o segundo premio para Titiriteiras da A.C. Tarambainas de Vigo que levaron 200 €, e o primeiro para o grupo A Pedreira da A.X. Xiradela de Arteixo que acadaron 300€.

Nesta categoría dos máis pequeniños, soamente concursaron 4 grupos, polo que @s pandereteir@s de Soalleira, por iniciativa propia e co apoio da Directiva da Asociación, decidiron aportar un Accésit Especial para que ningún grupo quedase sen premio, tendo moita consideración de eses meniños que están a comezar a súa andaina no mundo folclórico.

Na categoría B, o terceiro premio, dotado de 100 €, foi para Grupo D da Escola de Cantigas e Agarimos de Santiago, o segundo premio, para o Os Batáns dos Xeitosos de Trazo, que levaron 200€ e o primeiro premio, dotado con 300€, foi para As Mosas do Hío da Asociacion Peis d'Hos de Cangas.

Na categoría C, o terceiro premio, dotado de 100 €, foi para Abaladeiras da A.C. Abaladeiras de Muxía, en segundo lugar Luis e Bieito da A.F. Santiaguiños de Boimorto saíron premiados con 200€ e en primeiro lugar Lina e Lola da Asociación Peis d'Hos de Cangas, dotado de 400€.

E por último na categoría D o terceiro premio foi para o Grupo A da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos de Santiago, que acadaron 200 €, o segundo premio, de 400 € levárono as Pandereteiras de Agrocovo da A.C.M. Eclipse de Esteiro e o primeiro premio para o grupo Meniñas da A.C. Tarambainas de Vigo, dotado de 800 €.

Ademais entre as 4 categorías entregáronse 2 premios de 100 € para os mellores vestiarios q foron para Laretas da A.C. Tarambainas de Vigo e para Grupo A de Cantigas e Agarimos.

Unha vez máis o Equipo Directivo está moi agradecido ao Concello polo apoio económico que lle brinda a Soalleira para organizar este evento, e agarda poder seguir organizándoo por moitos anos máis.

0
0
0
s2sdefault