Concello de Sanxenxo - O venres rematou o taller de robótica
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Culture News

O pasado venres rematou o taller de robótica “Nadal robótico”. Durante tres días os rapaces e rapazas traballaron con robots Makeblock Ranger. Así pois, programaron unha tarxeta de felicitación de Nadal interactiva, probaron os diferentes sensores do Ranger e programaron un repartidor de regalos para axudar a Papa Noel nestas datas. 

Este taller foi levado a cabo por SalnésCampus, laboratorio tecnolóxico aberto formado por mestres, enxeñeiros e outros profesionais.

A  próxima semana será a quenda dos mais pequenos. Os días 2, 3 e 4 cun horario de 10:30 a 13:30, 12 cativos de entre 1º e 6º de primaria poderán aprender cos robots Makeblock mBot. 

Terán o complexo obxectivo de publicar unha felicitación animada de Nadal e programar un belén robótico, onde deberán de levar a cabo unha competición de velocidade entre os camelos robóticos dos Reis Magos, asegurarse que a Estrela chegue ó portal de Belén e programar os pastores robóticos para que canten panxoliñas.

0
0
0
s2sdefault