Concello de Sanxenxo - Sons de Nadal da Banda de Música de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Culture News

A banda de música de Sanxenxo ten organizado para este sábado un concerto dedicado a todas aquelas persoas que, pasando una tarde moi divertida, queiran aprender un pouco máis sobre os instrumentos musicais

Será un entretido percorrido, protagonizado por todos os instrumentos que conforman a Banda de Sanxenxo. Unha combinación de humor, entretemento e aprendizaxe. 

O concerto terá lugar ás 17.30 horas no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.

OUTRAS CITAS DE NADAL

Hoxe, o Alcalde e membros do goberno estiveron en Gondar, para acompañar aos veciños na celebración da festa na honra de Santo Tomé. 
Maña venres terá lugar unha sesión de contos de Nadal para os nenos de educación infantil na Biblioteca de Portonovo, dende as 16.30h. hasta as 18.00horas. 

O sábado, ademais do concerto da Banda, a AECC regalará sorrisos con Papa Noel ás 11.00h. na Praza de abastos de Portonovo e no parque do espiñeiro. Ás 12.15h. visitarán a praza de abastos de Sanxenxo, a rúa Madrid e a Praza de Pascual Veiga. Ás 17.30h. estarán en Vilalonga, na Praza Pública. E, por último, ás 19.00h. na Adega Eidos, farán un showroom solidario. 

A Asociación folclórica Abiñadoira, organiza, tamén para o día 23, unha xornada de cantos de música galega polas rúas da vila de Sanxenxo con “Abiñadoira vai de xaneiras”.

O sábado remata en Portonovo, co festival de Panxoliñas, ás 19.00h. Será no Edificio de Usos Múltiples e está organizado pola Coral Polifónica Sta. María Adina de Portonovo.

0
0
0
s2sdefault