24.05.2017 Galego  |  Español  |  English  |  Français  |  Deutsch
atrás

Noticias

“Comechíns” animará a los niños a descubrir los encantos de la lectura

19.04.2017

Comechíns es el título del espectáculo que acogerá la Biblioteca Municipal de Sanxenxo, ...

situada en el Auditorio Pardo Bazán, mañana jueves por la tarde, a partir de las 18.30 horas.

Alba Bermúdez será la encargada de dirigir esta función orientada a un público infantil, sobre todo a los niños con edades comprendidas entre los 4 y los 10 años. La actividad se enmarca en la campaña de dinamización a la lectura Ler conta moito.

Ler conta moito es un programa promovido por la Secretaría Xeral de Cultura, que financia el 75% de los costes de las actividades programadas, mientras que las bibliotecas locales asumen el 25% restantes y que acercará a Sanxenxo diversas propuestas culturales este año, que buscarán fomentar el hábito de lectura en el conjunto de la población, a través de un acercamiento a la biblioteca que despierte el interés por lo que ésta puede ofrecer; fortalecer el papel de las bibliotecas como espacios de relación; consolidar la programación compartida de la Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia; promover el desarrollo cultural como vehículo para el crecimiento personal y valorar el libro y, en general, la lectura como elemento de transmisión de conocimiento y de reflexión.

 

 

 

“COMECHÍNS” ANIMARÁ AOS NENOS PARA DESCUBRIR OS ENCANTOS DA LECTURA

Comechíns é o título do espectáculo que acollerá a Biblioteca Municipal de Sanxenxo, situada no Auditorio Pardo Bazán, mañá xoves pola tarde, a partir das 18.30 horas.

Alba Bermúdez será a encargada de dirixir esta función orientada a un público infantil, sobre todo aos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos. A actividade enmárcase na campaña de dinamización á lectura Ler conta moito.

Ler conta moito é un programa promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, que financia o 75% dos custos das actividades programadas, mentres que as bibliotecas locais asumen os 25% restantes e que achegará a Sanxenxo diversas propostas culturais este ano, que buscarán fomentar o hábito de lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer; fortalecer o papel das bibliotecas como espazos de relación; consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia; promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

 

 

Concello de Sanxenxo © 2017  Concello de Sanxenxo
C/ Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo -- Tlf: 986 72 00 75 - Fax: 986 72 10 22