Concello de Sanxenxo - MAN A MAN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Servizos sociais

O programa piloto Man a man, é unha iniciativa interxeracional cun modelo efectivo-afectivo que vincula aos netos e adolescentes coma promotores de acceso na xestión farmacoterapéutica e de saúde dos seus avós (citas médicas, axuda en recollida da medicación, interese polo seu plan de medicación, colaboración na elaboración do “pastillero”) sempre utilizándoo como tempo de calidade, interactuando cos seus maiores.

O concurso do programa social Man a Man, que este ano celebra a súa primeira edición, contará con premios para recoñecer os proxectos pola súa orixinalidade e a súa sensibilidade e que fagan visible o tempo compartido cos nosos maiores: avós, familiares ou coñecidos. Estes traballos non poden ter sido premiados en ningún outro concurso. 

Lanzamos este recoñecemento para ofrecerlles aos participantes a oportunidade de compartir a súa iniciativa colaborativa e solidaria para axudar as persoas maiores. 

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 proxectos. Só un deles pode ser premiado. 

Convoca 

SERGAS e Concello de Sanxenxo