Concello de Sanxenxo - Nanín
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Praias

Situada no lugar de Nanín na parroquia de Bordóns, a praia de Nanín é unha pequena cala que se separa da praia de Areas por unha pequena punta rochosa que se penetra no mar.

De area branca e fina e augas tranquilas é ideal para tomar o sol e gozar do baño.

Lonxitude: 200 metros

Ocupación en tempada estival: Media

Equipamentos:

  • Papeleiras e colectores
  • Limpeza diaria da praia