Concello de Sanxenxo - Alcaldía
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Concello

Querido amigo/amiga:

Sanxenxo é coñecido pola beleza da súa paisaxe e as súas praias, que contan con servizos de calidade e bandeira azul a maioría delas. Gústanos coidalas con esmero para que poidas gozalas.

Menos coñecidos, pero igualmente fermosos, son os vales do interior, como Bordóns, Dorrón, Nantes, Adina, Noalla, Padriñán e Vilalonga. Neles poderás coñecer a vida do rural galego.

Sanxenxo ten unha ampla oferta hostaleira, con máis de 160 establecementos entre cámpings, apartamentos e hoteis, desde unha a catro estrelas.

Somos un pobo hospitalario, que goza atendendo ás visitas e compartindo con elas a nosa maneira de ver a vida, a nosa gastronomía e cultura. En Sanxenxo sempre te acolleremos ben.

Alcalde