Sanxenxo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan o municipio cos principais núcleos urbanos galegos e peninsulares.
A autoestrada AP-9 permite desprazarse a calquera punto de interese da comunidade galega en pouco máis dunha hora de coche.
Por estrada:
Hai dous grandes viarios para chegar a Sanxenxo con coche, a autoestrada AP-9 enlazando coa vía rápida do Salnés V. G-41 ou a estrada que une Pontevedra con Sanxenxo PO-308. A autovía do Noroeste que conecta Galicia con Madrid e a meseta é unha perfecta entrada para viaxar a Sanxenxo chegando a Vigo e posteriormente collemos a autoestrada AP-9.
Cidades galegas | Distancia |
A Coruña - Sanxenxo | 138 Km |
Santiago - Sanxenxo | 67 Km |
Vigo - Sanxenxo | 46 Km |
Pontevedra - Sanxenxo | 19 Km |
Lugo - Sanxenxo | 155 Km |
Ourense - Sanxenxo | 109 Km |
En autobús:
A estación de autobuses está situada na estrada de circunvalación esquina con Luis Rocafort en Sanxenxo (rotonda de Arnelas). As principais conexións enlazan distintos puntos do municipio, Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga ou Noalla, con Pontevedra e Vigo mediante liñas regulares. No verán hai liñas que conectan Pontevedra coas nosas marabillosas praias.
En avión:
A mellor opción para visitar Sanxenxo desde a península ou desde o estranxeiro pasa por chegar primeiro ao aeroporto de Santiago (aeroporto de Lavacolla) ou o aeroporto de Vigo (aeroporto de Peinador) para achegarse despois ao municipio por autoestrada, estrada ou mesmo utilizando o tren e autobús. Igualmente tamén se pode chegar pola Coruña (aeroporto de Alvedro) pero este aeroporto atópase a unha maior distancia.