Concello de Sanxenxo - SAC
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Atención Veciñal

Préstase á cidadanía mediante:

  • Atención Presencial (en horario de 8:30 a 14 horas): Oficina Municipal de Atención Cidadá: Rúa Madrid Nº 1
  • Liña Telefónica: 986 720 075
  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Páxina Web: www.sanxenxo.es 

O Concello modernizou os seus sistemas de información incorporando tecnoloxías que permitan aproximar á cidadanía a xestión municipal coa prestación dun servizo de información de maior calidade e acorde coa sociedade actual.

En definitiva, trátase de atender aquelas consultas que os cidadáns formulen á Administración, satisfacer a demanda de información de diversa índole, asesorarlles en canto á obtención dos diversos servizos municipais, xestionar calquera anomalía ou incidencia sobre iluminación pública, mobiliario urbano, rede de sumidoiros, colectores de lixo, parques e xardíns, papeleiras, pavimentos, recollida de mobles, etc. e tramitar as súas queixas e/ou suxestións, proporcionándolles un trato directo e persoalizado.

O SAC proporciónalle a tramitación da súa consulta ou reclamación de forma electrónica desde aquí.

 

QUEIXA, SUXESTIÓN, RECLAMACIÓN OU FELICITACIÓN

Este formulario permite recoñecer o nivel de calidade co que se prestan os servizos públicos do noso Concello e as necesidades dos cidadáns e as cidadás de Sanxenxo, ofrecéndonos a oportunidade de mellorar continuamente. O departamento de destino xestionará a incidencia no prazo máis breve posible.

Non terá en ningún caso a cualificación de recurso administrativo nin a súa imposición paralizará os prazos establecidos para iso na normativa vixente. Tampouco condiciona, de ningún xeito, o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poidan exercitar os/as que figuren nel como interesados/as (art.º 24 RD 208/96).

 

Datos personais


Domicilio


Datos de contacto


Queixa, suxerencia, reclamación, felicitación


Achegar arquivos


Gracias por contactar, el mensaje ha sido enviado con exito.

 

Os datos recollidos serán incluídos no ficheiro QUEIXAS E SUXESTIÓNS, cuxa finalidade é a xestión e seguimento de datos de carácter persoal ou colectivo relacionados co Concello de Sanxenxo, responsable do mesmo.