Concello de Sanxenxo - A Lanzada
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Praias

Atópase situada nos concellos de Sanxenxo e O Grove, sendo unha das praias galegas máis emblemáticas e unha das mellores pola calidade da súa area e a limpeza das súas augas.

Está rodeada por unha ampla zona de dunas que a separa da estrada que bordea a costa. Entre estas dunas un agradable paseo de madeira discorre ao redor da praia en prácticamente toda a súa extensa lonxitude. Apracible no verán, transfórmase en grandiosa no inverno, sobre todo cando sopran ventos fortes do suroeste, que dan lugar a espectaculares imaxes para o visitante.

Praia con Bandeira Azul

Lonxitude: 2300 metros

Ocupación en tempada estival: Alta

Equipamentos:

  • Aparcadoiro
  • Duchas
  • Aseos
  • Posto de socorrista
  • Papeleiras e colectores
  • Quiosco de praia
  • Limpeza diaria de praia
  • Rampas de acceso para persoas con discapacidade

 

A Lanzada