Concello de Sanxenxo - Areas gordas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Praias

Praia con Bandeira Q de Calidade Turística

Praia con Bandeira Azul

Praia semiurbana que destaca pola calidade das súas augas, a súa branca e fina area, aínda que pareza o contrario polo seu nome, e a beleza da súa contorna.

Limitada na súa marxe dereita pola punta onde se sitúa a ermida de Nosa Señora da Lanzada e pola marxe esquerda polo Illote do Médico que a separa da praia da Lapa. Mentres que pequenas e suaves dunas con vexetación dispersa actúan como un muro natural á estrada.

Ventosa e con forte ondada. Ideal para gozar do sol e da auga nun marco natural.

Lonxitude: 250 metros

Ocupación en tempada estival: Alta

Equipamentos:

  • Aparcadoiro
  • Duchas
  • Aseos
  • Posto de socorrista
  • Papeleiras e colectores
  • Limpeza diaria da praia
  • Rampas de acceso para persoas con discapacidade

 

areas gordas