Praia con Bandeira Q de Calidade Turística
Praia con Bandeira Azul
De area branca e fina, ventosa e con augas tranquilas, é unha praia idónea para o baño e os deportes náuticos. Portuaria, con zona de fondeo de embarcacións. Está rodeada por unha zona de dunas que a separa da estrada e entre estas dunas un agradable paseo de madeira discorre bordeando a praia, unindo Sanxenxo con Portonovo.
Lonxitude: 600 metros
Ocupación en tempada estival: Alta
Equipamentos:
- Aparcadoiro
- Duchas
- Aseos
- Posto de socorrista
- Papeleiras e colectores
- Limpeza diaria da praia
- Rampas de acceso para persoas con discapacidade