Concello de Sanxenxo - A Nosa Señora
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Praias

Pequena Cala situada aos pés da ermida da Lanzada, entre as praias de Foxos e Area Gorda. Presenta unha zona de area branca e fina e outra con area máis gorda onde son frecuentes as rocas e grandes cantos rodados.

Nesta praia é onde leva a cabo o famoso rito da fertilidade, o baño das nove ondas, o último domingo de agosto. Nas súas inmediacións tamén se atopa os restos dunha fortaleza e un antigo peirao. Ventosa e con forte ondada. Ideal para gozar do sol e da auga nunha bela paraxe.

Lonxitude: 50 metros

Ocupación en tempada estival: Baixa

Equipamentos:

  • Aparcadoiro
  • Papeleiras e colectores
  • Limpeza diaria de praia