ÍNSULA SANXENXO é unha sociedade mercantil de capital integramente municipal constituída o 18 de setembro do ano 2006 cuxas finalidades son a promoción, xestión e desenvolvemento do chan de titularidade municipal no Concello de Sanxenxo.
De entre esas funcións a principal nestes momentos é a promoción de vivendas con algún tipo de protección, para o que creou un rexistro municipal de demandantes de vivendas e un regulamento de adxudicación para as mesmas.
Datos de contacto:
- Telf: 986 681 929
- www.sanxenxo.es
- Polígono de Nantes S/N Parcela 78, 36969 Nantes - Sanxenxo
