Concello de Sanxenxo - Bordóns
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Parroquias

Superficie: 2,5 km²

Número de habitantes: 606

San Pedro de Bordóns é a parroquia máis pequena do municipio e limita coas parroquias de Dorrón e Padriñán, o Concello de Meaño e a Ría de Pontevedra.

A súa actividade económica baséase principalmente no turismo e a agricultura, onde destaca o cultivo de vide e produtos da horta.

Os seus núcleos de poboación son:

Areas, Carballal, Chandevila, Lamela, Nanín, O Outeiro, Regata, Sear.

É unha parroquia que se estende nun asollado val que se levanta sobre a ría e que ten lugares tan fermosos como Sear, Regata e Outeiro. Na súa costa destacan praias como Areas e Nanín.