Concello de Sanxenxo - Noalla
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Parroquias

Superficie: 8,7 km²

Número de habitantes: 2.556

San Esteban de Noalla limita coas parroquias de Adina e Vilalonga, co Concello do Grove e a Ría de Pontevedra.

No pasado Noalla destacou pola industria do sal, o que a converteu nunha zona importante de comercio. Na actualidade a parroquia de Noalla vive do turismo e a agricultura.

En Noalla destaca o complexo intermareal A Lanzada – O Bao, que forma parte da rede natura 2000 e está protexido polo convenio de Ramsar. É unha zona única concorrida por numerosas especies de aves.

Toda a súa costa é dunha beleza espectacular, destacando praias como A Lanzada e Major. Desde esta última chama a atención a Illa de Ons que nos días despexados parece que se pode tocar coa man.

Os seus núcleos de poboación son:

Aios, Casal, Caseiros, Codesal, Cova de Pazos, Fonte de Ons, A Iglexa, A Lanzada, Montalvo, Mourelos, O Pombal, Pontes, Quintáns, A Revolta, Salgueiro do Mato, Soutullo, Telleiro, Tombelo, Tramalleiro.