Concello de Sanxenxo - Padriñán
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Parroquias

Superficie: 5,3 km² 

Número de habitantes: 3.738

San Xinés de Padriñán limita coas parroquias de Adina, Bordóns e Nantes e a Ría de Pontevedra.

En Padriñán atopamos a vila de Sanxenxo, capital do municipio, que creceu ao redor da Praia de Silgar, bandeira azul desde 1987. Esta vila convértese no centro do veraneo nas Rías Baixas nos meses de verán.

Dotada de innumerables servizos e rodeada dun estupendo paseo marítimo. Conta cun dos máis modernos portos deportivos de Galicia e cunha importante oferta hostaleira e de restauración.

Os seus núcleos de poboación son:

Aldariz, Carabuxeira, Florida, Fontoira, Laxe, Miraflores, Padriñan, Palacios, Reis, Sanxenxo, Seixal, Seixalbo, Vinquiño