Superficie: 5,4 km²
Número de habitantes: 3.082
San Pedro de Vilalonga limita coas parroquias de Nantes, Adina e Noalla, a Ría de Arousa e o Concello de Meaño.
O núcleo de poboación máis importante dentro da parroquia é Vilalonga, a terceira vila do municipio, e onde se atopan a maior parte dos negocios situados da parroquia.
A súa actividade económica baséase principalmente nas fábricas de cerámica, a agricultura e a actividade marisqueira na ría de Arousa.
A parroquia posúe numerosos núcleos rurais como son:
Altamira, Arnosa, A Bouza, Bruñeira, Carballal, Carballo, O Castro, Costiña, O Cruceiro, O Empalme, Fianteira, Freixo, Gondar de Abaixo, Gondar de Arriba, Gondariño, Iglesiario, Lagarei, Lomba, O Outeiro, Peai, Pedreiras, Piñeiros, Rebel, Rouxique, Rozavella, Salgueira, Tomada, Touticeira, Vilar y Xuncabranca.
Vilalonga está bañada pola ría de Arousa que lle achega, especialmente no inverno, un clima moi suave. Non é unha costa que teña praias para o baño, pero destaca pola beleza paisaxística de lugares como a enseada de Arnosa, A Fianteira e Rouxique. Percorrer este litoral nun kaiak é unha experiencia única.