Concello de Sanxenxo - Cruceiros e Hórreos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Patrimonio

Cruceiro, elemento etnográfico representativo da cultura galega e da súa arte, está cheo de lendas e mitos que aínda perviven hoxe en día. Esta expresión cultural é moi abundante en Sanxenxo, polo menos podemos atopar 50 cruceiros de interese. Destacan o cruceiro de Noalla, xunto á Igrexa de Santo Estevo, e o da Costiña, na parroquia de Vilalonga.

Os hórreos, unha das máis características e orixinais manifestacións da arquitectura popular galega pola súa solución funcional, carácter, graza e harmonía constitúe un elemento de gran interese arquitectónico. Sanxenxo ten 35 hórreos de gran valor sobre un total de 256. Destacan o hórreo do Pazo de Revel, o de Besadoiros de Noalla e o que se atopa na leira do Pazo de Miraflores, con dezaoito pés de sección cuadrangular.