Concello de Sanxenxo - Pazos e casas solariegas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Patrimonio

Estas construcións recollen a herdanza dun pasado señorial. No municipio de Sanxenxo podemos atopar ata oito pazos:

Duques de Patiño na vila de Sanxenxo; Miraflores, onde veraneaba a escritora Emilia Pardo Bazán; do Vicerrei na parroquia de Padriñán; Bermúdez da Maza en Dorrón; da Maza en Nantes; Quintáns en Noalla; o Revel e dos Pardo en Vilalonga.

O patrimonio cultural de Sanxenxo tamén inclúe numerosas casa solariegas, entre as que destacan A Casa da Barrosa, Casa do Sear, Casa reitoral de Bordóns, Casa reitoral de Nantes, Casa da Florida, Casa Reitoral de Noalla, Casa Reitoral de Dorrón, Casa de Carballal de Vilalonga, entre outras.