Concello de Sanxenxo - Paz Lago visita o CEIP de Nantes con motivo da celebración do día 8 de marzo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, no CEIP Plurilingüe Nantes, os alumnos e alumnas recibiron a visita de tres mulleres que destacan  no seu traballo

Rosa Vilas, Directora adxunta ao director xeral da CRTVG, Ana Cidre, Women Techmaker Lead e unha das 5 mulleres que Google nomeou como influencer en España e Paz Lago, concelleira de Cultura no Concello de Sanxenxo.

A través das súas intervencións   amosaron  á comunidade educativa,  o día  a día das súas profesións e como chegaron a acadar os seus obxectivos en ámbitos maioritariamente masculinos.

Así mesmo, animaron a todas as nenas a perseguir os seus soños, sen que ninguén lles impoña ningunha limitación. Neste senso, estase a traballar no centro, xa que a través de diferentes proxectos ao longo de todo o curso escolar teñen moi presente o traballo da igualdade.

0
0
0
s2sdefault