Concello de Sanxenxo - Casandra, a Landra Viaxeira, visita os centros escolares do municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

Casandra, a landra viaxeira, visitou dende o luns ata hoxe, as aulas de educación infantil de O Telleiro, Aios Magaláns, Portonovo e Abrente, chegando aproximadamente a uns 250 escolares.

Esta actividade, tiña como obxectivo resaltar a importancia dos bosques e forma parte do Plan Municipal de Educación Ambiental.  A realización foi posible gracias á colaboración do Departamento de Animación Sociocultural de Terra Sanxenxo.

Con este obradoiro preténdese que os destinatarios se conciencien da importancia dos bosques e adquiran actitudes positivas e de respecto sobre o coidado da natureza.

A protagonista, Casandra, contoulles a través dunha obra de títeres, as súas aventuras dende que nace ata que se converte nun gran carballo.

Posteriormente, repasaron os conceptos traballados, mediante os personaxes da obra, e logo realizaron un obradoiro de monigres sobre Casandra.

0
0
0
s2sdefault