Concello de Sanxenxo - ANDAINA SOLIDARIA EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

O próximo 29 de decembro o Centro de Información ás mulleres, organiza “Por elas”. Unha andaina solidaria para reclamar a igualdade entre homes e mulleres e a eliminación da violencia machista. Un acto, que terá no recordo todas as mulleres que foron asasinadas ao longo de este 2018.

 

Esta marcha partirá ás 11.00h. da carpa situada na praza dos Barcos, para facer un percorrido de 5m, que pasará polo Centro de Información ás Mulleres, en Portonovo.

 

As persoas que desexen participar, terán que levar consigo un kg de alimentos non perecedoiros, pois esta andaina tamén ten un fin solidario, para colaborar con aquelas persoas que máis o precisan.

 

Esta andaina organízase un ano mais para reclamar tamén catro valores sobre os que debe xirar a loita para a eliminación deste tipo de violencia, que son o respecto, a tolerancia, a implicación e a responsabilidade.

 

0
0
0
s2sdefault