Concello de Sanxenxo - MANIFESTO INSTITUCIONAL POLA VISIBILIZACIÓN E APOIO AO COLECTIVO LGTBI DO CONCELLO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

O vindeiro día 28 de xuño conmemórase en todo o mundo o nacemento do movemento de visibilización do colectivo #LGTBI , como forma de expresión de liberdade para relacionarse e para ser e vivir.
Desde o Concello de Sanxenxo apoiamos a todas as persoas pertencentes a este colectivo sentindo non poder realizar actos adicionais que levaban programados hai uns meses, debido a situación actual provocada polo Covid 19.
Sen embargo, como institución, no día de hoxe queremos deixar constancia de que poñer fin á violencia e á discriminación contra as persoas debido a súa orientación sexual e identidade de xénero é algo imprescindible e necesario como parte dos dereitos humanos fundamentais.
Consideramos que resulta necesario unha tarefa urxente de socialización e educación para acadar a tolerancia e respeto por todas as formas posibles de ser e de relacionarse. Apoiamos un modelo de convivencia baseado no recoñecemento de calquera manifestación relacionada co libre desenvolvemento da personalidade sempre baseada no respecto propio e mutuo.
No noso Concello, como vén sendo traxectoria nos últimos anos, apostamos polo apoio total a este colectivo e rexeitamos todo tipo de desigualdades que se produzan e afecten de forma negativa ás persoas que forman parte deste colectivo e seguiremos traballando de forma activa pola igualdade de oportunidades entre todas as persoas do noso municipio.

0
0
0
s2sdefault