Concello de Sanxenxo - O SECRETARIO DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ, DISTINGUIDO CO XII PREMIO DE SANXENXO NA HISTORIA POLA SÚA IMPLICACIÓN COA CULTURA LOCAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 
As XII Xornadas de Sanxenxo na Historia puxeron hoxe o broche de ouro coa entrega do seu premio anual ao secretario de Política Lingüística, Valentín García Gómez, pola súa implicación coa cultura local. Antes da entrega do galardón, celebrouse unha mesa redonda como vén sendo habitual, moderada por Marcelino Agís, na que interviron Isidoro Sabell Salgués co relatorio sobre "Persoeiros da Política nacional de Sanxenxo: Augusto González Besada" e Celestino Viéitez co "Sanxenxo e Pontevedra durante a Guerra da Independencia".
 
Sabell contou a vinculación de González Besada con Sanxenxo e o seu nomeamento como fillo adoptivo do municipio pola súa labor e logros conseguidos como deputado provincial do Partido Conservador no distrito de Cambados e como ministro do Interior máis tarde. "Realizou a promesa que logo se cumpriu da estrada de Portonovo-Sanxenxo e grandes xestións no "xeito", apuntou."As súas vacacións de verán na casa do entón alcalde, Ramón Orge, foron, segundo Sabell, o "impulso turístico" do municipio nese momento. "Nas revistas da época empezou a saír e atraeu a outras personalidades como Cobián Roffignac ou o marqués de Riestra", apuntou.
 
Viéitez centrouse no período da Guerra da Independencia para achegar algunhas das claves dese período en Sanxenxo e Pontevedra. A entrega do premio ao secretario de Política Linguïstica pechou as XII Xornadas de Sanxenxo na Historia.
 
0
0
0
s2sdefault