Concello de Sanxenxo - PORTONOVO ACOLLERÁ O VINDEIRO 26 DE DECEMBRO A GALA MUSICAL “UN CONTO DE NADAL”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

As doce comisións de festas de Sanxenxencargáranse da venda de entradas por un prezo único de 10 euros

Portonovo acollerá o vindeiro 26 de decembro a gala musical “Un conto de Nadal” coa orquestra La Oca BandUn espectáculo co que o Concello de Sanxenxo quere apoiar a reactivación da verbena galega e, ao mesmo tempo, colaborar coa financiación das doce comisións de festas de Sanxenxo. O evento musical implicará tamén as asociacións folclóricas do municipio e aos nenos e nenas dos colexios de Sanxenxo. “A cita servirá para amosar o potencial musical do noso concello e para axudar as comisións de festas que levan dous anos complicados pola pandemia. La Oca Band volve a reinventarse, tras o éxtito de 100 anos de verbena,con este novo formato facendo o que mellor sabecantar e tocar, e ademais contará na cita grandes profesionais do mundo da verbena e os nosos grupos folclóricos”, explica Paz Lago, concelleira de Cultura e Educación.

Baixo a carpa que se ubicará no recinto portuario, La Oca Band estará acompañada de 6 convidados de importantes orquestras galegas como son Lito Garrido de Panorama, Blas Piñón de París de Noia, Ángel América, Carlos Otero, exintegrante de Solano, Marta Valiño exintegrante de Costa Oeste e Olympus e Noelia Solleiro que participou en varias orquestras galegas. O prezo da entrada será de 10 euros e as encargadas da súa venda serán as comisións de festas polo que se levarán un donativo que despois poderán invertir nas súas celebracións. O propio día da gala poderán adquirirse as entradas nunha taquilla ubicada á entrada do recinto no caso de que queden entradas sen vender.

As asociacións folclóricas subiranse ao escenario para tocar en directo con La Oca Band o tema “Tamborilero” e os nenos e nenas dos colexios de Sanxenxo actuarán como como na interpretación da canción “Pero a tu lado” de Los Secretos.

“O Conto de Nadal” terá 2 horas de duración con cancións navideñas e de distintos ritmos, sen esquecer o rock e temas clásicos,en dúas sesións diferentes, ás 17 e ás 20 horas.

0
0
0
s2sdefault