Concello de Sanxenxo - DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

Hoxe luns, 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down. 

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración desta data, o 21 de marzo [21/03], como un símbolo en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

O síndrome de Down é unha alteración xenética que se debe á aparición dun cromosoma extra do par 21 (ou unha parte esencial do mesmo) que ocasiona alteracións de tipo morfolóxico, bioquímico e funcional en diversos órganos, especialmente no cerebro, durante distintas etapas da vida. 

MITOS E REALIDADES DAS PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN

MITO: É unha enfermidade.
REALIDADE: A síndrome de Down é unha variación xenética producida pola presenza dun cromosoma extra no par 21.

MITO: Non viven moito tempo.
REALIDADE: A súa esperanza de vida actual está ao redor dos 65 anos.

MITO: Son nenos e nenas eternamente e non alcanzan os obxectivos normais da vida.
REALIDADE: Coa educación e apoios axeitados, a maioría aprenden a ler, asisten a escolas ordinarias e desenvolven unha vida plena como persoas adultas.

MITO: Sempre están felices e son persoas cariñosas.
REALIDADE: Cada persoa coa síndrome de Down ten o seu carácter e estados de ánimo variables, coma calquera.

Down España dá as #GraciasPorTanto aos centos de miles de cidadáns que, dende o anominato e sen buscar ningún recoñecemento,  axudan, facilitan e, en definitiva, fan a vida mais bonita ás persoas con síndrome de Down.

 

0
0
0
s2sdefault