Concello de Sanxenxo - A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE SANXENXO RESPALDA POR UNANIMIDADE A DECLARACIÓN DE CONDENA Á INVASIÓN RUSA SOBRE UCRAÍNA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

Os grupos con representación na Corporación municipal de Sanxenxo (PP, BNG, PSOE, SAL e Ciudadanos) aprobaron por unanimidade  unha declaración institucional de condena á invasión rusa sobre Ucraína  deixando esta guerra  fóra do debate político e amosando unha  postura de concordia e diálogo entre os distintos partidos.

O Concello de Sanxenxo condena enerxicamente a agresión de Rusia a Ucraína, rexeitando totalmente a invasión das forzas militares rusas, e expresa a súa solidariedade co Goberno e co pobo ucraíno.

Esta agresión supón unha flagrante violación do Dereito Internacional e contra a soberanía e a integridade territorial de terceiros países.

O Concello de Sanxenxo posiciónase a favor da resolución pacífica de conflitos, apoiando as accións dirixidas a facilitar o diálogo, así como a favor de sancionar o incumprimento do dereito internacional. 

Fronte aos feitos que están a ocorrer en Ucraína:

• Reclamamos o fin das hostilidades e o retorno á vía da negociación e da diplomacia, reiterando a necesidade de cumprir cos Acordos de Minsk e co dereito internacional.
• Expresamos a nosa  solidariedade con todas as vítimas deste conflito e damos todo o noso apoio ás organizacións que traballan pola defensa e protección dos dereitos humanos.
• Reivincidamos a legalidade internacional e o restablecemento inmediato da paz, tendo como guía nesta crise os principios e valores democráticos que compartimos con Europa.
• Expresamos o noso firme compromiso coa defensa dos principios da democracia, o estado de dereito e a protección dos dereitos fundamentais.
• Apoiamos á Unión Europea co fin de que se poña fin o conflito ante estes feitos tan graves que ameazan a paz e as liberdades e dereitos fundamentais dos cidadáns ucraínos.
• E finalmente tamén apoiamos que se realicen todos os esforzos necesarios para mobilizar recursos a fin de acoller a refuxiados provenientes do conflito de Ucraína.
0
0
0
s2sdefault