Concello de Sanxenxo - A CAMPAÑA #AQUEXOGAS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE REGRESA AO LECER NOCTURNO DE SANXENXO PARA PREVIR CONDUTAS ADICTIVAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

A empresa Marexada en coordinación coa Concellería de Servizos Sociais e Xuventude do Concello de Sanxenxo pon en marcha unha actividade preventiva “A que xogas?”, dirixida a mocidade no contexto do ocio nocturno. A actividade desenvolverase os días 14, 15 e 16 de abril, coincidindo coas datas de Semana Santa, e a intervención se realizará entre as once da noite e as tres da madrugada, para poder achegar a información a un amplo número de xente nova.

"#Aquexogas?" é un programa da Consellería de Sanidade que consiste en ofrecer un punto de información á mocidade sobre prevención de condutas adictivas no lecer nocturno.

Na intervención realizaranse diferentes dinámicas en torno a dous eixes fundamentais que teñen como finalidade a de evitar e reducir o inicio e a consolidación do consumo de sustancias psicoactivas na poboación xuvenil.

Dúas destas actividades lúdico-educativas serán:

  • Ola, propóñoche un reto! Esta actividade contémplase como un primeiro contacto cos participantes cun xogo de preguntas tipo Trivial.
  • Antes de consumir, asegúrate do que NON sabes. Ten como  finalidade verificar información sobre o consumo de substancias psicoactivas e desterrar falsos mitos acerca do mesmo, proponse como dinámica un xogo de preguntas empregando a plataforma Kahoot.

A maiores, ao longo da intervención, realizaranse enquisas anónimas para recabar datos estadísticos sobre o consumo de sustancias entre a mocidade galega, distribución de flyers con información sobre diferentes drogas (procedencia, consecuencias, mitos...) e distribución de merchandising cos logotipos do programa (camisetas, pulseiras, chapas...). As accións realizaranse de maneira itinerante facendo unha ruta por distintas zonas de marcha.

0
0
0
s2sdefault