Concello de Sanxenxo - ABIÑADOIRA CELEBRA AS XXVIII XORNADAS CULTURAIS CON MÚSICA, LABORES ARTESANAIS E ROMERÍA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias



A Asociación Cultural Abiñadoira estrea o veráncoa recuperación das Xornadas Culturais que este ano cumpren a súa vixésimo oitava edición. A cita coa que colabora o Concello de Sanxenxo desenvolverase en dúas localizacións, Praza Pascual Veiga e Rúa de San Isidro, dende o 1 ao 3 de xullo. As xornadas inauguraranse o venres cunha actuación de Abiñadoira, ás 22 horas, na que se fará un repaso polo repertorio de gaita, pandeireta e baile nPraza Pascual Veiga.

Na mesma ubicación se celebrará o sábado, 2 de xullo, a VI Xuntanza de Labores na Rúa, entre as 18 e as 21 horas. Unha xornada para pór en valor e amosar distintos tipos de labores artesanais a través dun encontro aberto a todas as asociacións de calquera punto da xeografía que desexen participar e compartir a tarde palillando, calcetando, bordando... Haberá sorteos de diferentes premios entre os participantes.

O domingo 3, a rúa San Isidroconvertirase no escenario da XXVII Romería Tradicional. Dende as 9 horas, o vial contará con expositoresnos que se poden mercar productos típicos da zona como mel, chourizos, pan de millo, bizcoitos, empanadas...Tamén haberá unha taberna con viño do país, ademáis de churrasco e tortillas. Ao longo da xornada haberá música, baile e cantigas improvisadas.Este ano a romaría contará coa actuación da Banda de Música de Sanxenxo, arredor das 13horas, e xa pola noitiña, ás 22 horasterá lugar o concerto a cargo do Grupo Pan.Sen.Fron(Pandereteiras Sen Fronteiras).

abiñadoira

abiñadoira romaría

0
0
0
s2sdefault