Concello de Sanxenxo - MANIFIESTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE SANXENXO CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI +
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

O día 28 de xuño, conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBI. Este é un día de reflexión pero con un firme compromiso de traballo pola igualdade real e efectiva entre a diversidade afectivo sexual.

A pesares dos grandes avances lexislativos polos dereitos das persoas LGTBIQ+, xunto coa histórica loita dos colectivos que a veñen defendendo, segue sendo necesario un compromiso real na integración, no respecto e na tolerancia total de todas as persoas

Os delitos de odio, a discriminación, o bullying por razóns de orientación sexual ou identidade de Xénero,  seguen presentes no noso país e é necesario que entre todas e todos loitemos porque cesen ese tipo de inxutizas e delitos que provocan tanto sufrimento nas persoas, colectivos e sociedade.

Quedan, polo tanto grandes avances que lograr, pero pola nosa parte, como Concello, asumimos a noso compromiso pola integración, igualdade e respecto total e absoluto polas persoas con diversidade afectivo sexual, e conmemoramos de forma directa o día do orgullo LGTBI con actividades diversas desde as distintas concellerías.

Estamos falando de dereitos humanos, e polo tanto, non existe negociación posible, só é posible actuar e cumprir polo ben comunitario. E, polo tanto, e preciso construír esta igualdade desde abaixo, desde os nosos municipios, porque o respecto e a diversidade deben ser un piar fundamental para a nosa convivencia diaria.

Pola nosa parte, como concello, como mostra deste compromiso real, promoveremos no presente ano, desde a Concellería de Xuventude, un grupo de diversidade dirixido ás persoas mozas no que elas teñan o protagonismo e un espazo para encontros para desenvolver iniciativas, actividades e accións que aborden tanto as necesidades como campañas de sensibilización en pro.

Desde o Concello de Sanxenxo, reivindicamos un municipio libre de todo tipo de discriminación por diversidade afectivo- sexual , e liberdade para ser e sentir, traballando por un ambiente de respecto, tolerancia e sobre todo de libre integración para toda a nosa veciñanza.

Asumimos  polo tanto, este compromiso e seguiremos traballando pola integración, e pola igualdade de oportunidades para todas as persoas, de forma unida, e coordinada. 

A IGUALDADE DEBE SER O NOSO ORGULLO, HOXE E TODOS OS DIAS DO ANO.

0
0
0
s2sdefault