Concello de Sanxenxo - O CONXUNTO ARTÍSTICO ALBORADA DE MAR DE PLATA ACTUARÁ NAS FESTAS DO CARMEN DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias


conxunto artísticoAlborada do Centro Gallego de Mar de Plata actuará nas Festas do Carmen de Baltar o próximo sábado ás 21:30 horas. Esta agrupación de baile e música tradicional procedente do outro lado do Atlántico participou o pasado sábado no VI Día da Galicia Exterior, unha xornada de confraternidade organizada pola Secretaría Xeral da Emigración que reuniu a máis dun millar de galegos do exterior.

O Centro Gallego de Mar de Plata é unha das comunidades galegas no exterior que reúne a persoas emigrantes e as súas familias para manter vivos os costumes que nos son propios e reforzar os lazos sociais e culturais con Galicia. Con instalacións propias, este centro organiza actividades como cursos de cociña e lingua galega, canto, baile, pandereta, gaita e percusión sendo un axente fundamental a través dos que Galicia fomenta a súa cultura. 

0
0
0
s2sdefault