Concello de Sanxenxo - SANXENXO PORÁ EN MARCHA UN CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDO PARA ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

A Concellería de Cultura e Educación porá en marcha un curso de técnicas de estudo adaptado aos niveis de 5º e 6º de Primaria, así como tamén a ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. Nas clases traballarase a motivación, autoestima, organización e planificación, lectura comprensiva, expresión escrita e oral, creatividade, relaxación, habilidades sociais, aprendizaxe significativo e traballo individual e grupal.

A actividade está destinada ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. As persoas interesadas deberán inscribirse coa solicitude no modelo normalizado e presentala de maneira presencial no rexistro do Concello de Sanxenxo ou na sede electrónica https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal/ no enlace procesamento electrónico (para elo é necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve).

A formación realizarase no pavillón de Usos Mútiples de Portonovo e no caso de alumnado de Educación Primaria tamén se poderá levar a cabo nos centros educativos onde o alumno estea matriculado sempre e cando haxa un número mínimo de 8 inscricións.

As clases realizaranse de febreiro a xuño cunha sesión semanal. En Educación Primaria poderase elixir entre os luns ou xoves ás 16:30 ou ás 17:30 horas e en Educación Secundaria, serán o venres de 18:30 a 19:30 horas. A atención ás familias será o mércores de 19:30 a 20:30 horas no Usos Múltiples de Portonovo.

A tasa de inscripción será de 20 euros. Están exentas do pago da cota as familias numerosas de categoría especial e terán un desconto do 50 % as familias numerosas de categoría xeral. Unha vez confirmado o día e hora da actividade remitirase por correo electrónico a carta de pago para realizar o ingreso na caixa de calquera das entidades colaboradoras (Abanca e Banco Sabadell), nos caixeiros automáticos ou través da pasarela de pagos da Oficina Virtual Tributaria do O.A. Terra de Sanxenxo https://terradesanxenxo.ovt.gal/ (non é preciso certificado dixital).

Download this file (Técnicas Estudo_Boletín informativo.pdf)[PDF] TÉCNICAS DE ESTUDO_BOLETÍN INFORMATIVO

0
0
0
s2sdefault