Concello de Sanxenxo - SANXENXO ENCARA A RECTA FINAL DO ENTROIDO CO ENTERRO DA CABRA, AS PARODIAS, A FESTA DO JATO E O DESFILE DE ADULTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

Noalla estrea o Enterro do Cormorán o sábado 25 con música e bolos preñados tras a súa incineración

 

Sanxenxo despedirá o Entroido cunha intensa programación festiva. Vilalonga enterrará hoxe a súa Cabra Carnaval ás 21 horas. A comitiva fúnebre sairá dende o pavillón do instituto, pasando pola Salgueira, Arnosa, Rouxique, Lagarei e volta ao pavillón. Tras a incineración haberá uns petiscos amenizados coa música de Javi Solla.

Adina celebra a súa festa de Carnaval a partir das 17:00h, con música, xogos e concurso de doces típicos do entroido.

Portonovo acollerá, na zona portuaria, a partir das 22 horas o espectáculo de parodias con actuacións humorísticas da veciñanza conducidas por Cristina Maró. Repartiranse tres vales entre as mellores interpretacións para disfrutar en locais de restauración de Portonovo de 200, 100 e 50 €.

A Festa do Jato encherá de diversión durante todo o día as rúas dos viños de Portonovo o sábado 25. O humorista Isi será nesta edición o invitado especial da celebración. A cita arrancará coa carreira de “Os jatos atrás do rato”, ás 12 horas, na rotonda da lonxa e concluirá no campo de San Roque con medallas para todos os participantes e avituallamento. Haberá pasarrúas, música durante toda a xornada, así como obradoiros infantís no campo de San Roque. Non faltará o churrasco en toda a rúa.

A partir das 20 horas, Noalla estreará evento de Carnaval co Enterro do Cormorán. O paxaro falecer, segundo explica a esquela,  despois de aque 2ª muller marchara cun paxaro máis novo e con máis cartos”. O enterro será ás 20 horas tras un velatorio que se fará no colexio de O Telleiro. Tras a incineración que terá lugar no exterior da Casa Forestal de As Canteiras haberá música e  repartiranse bolos preñados. A idea  xurdiu na ANPA de O Telleiro que horas antes celebrarán  a súa festa de carnaval na que tamén se poderán degustar doces típicos de Entroido. Tamén participan A Esmorga Asociación Xuvenil e a Comunidade de Montes de Noalla.

O domingo 26 poñerase o broche de ouro ao Entroido co Desfile de Adultos a partir das 16:30 horas no que se repartirán 10.250 euros en 18 premios en seis categorías. Os interesados poderán inscribirse no 986 727 936 ou o mesmo día no Club de Xubilados de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault