A Escola de Música Municipal de Sanxenxo abre, a partir do luns día 5 e ata o venres 23 de xuño, o prazo para todas as persoas, tanto nenos/as como adultos/as, que desexen solicitar praza na Escola de Música de cara ao próximo curso 2023/24. O impreso de solicitude está dispoñible neste enlace https://bit.ly/EscolaMúsicaSolicitudeAdmisión23_24 e tamén se poderá recoller no Pazo Emilia Pardo Bazán en horario de 8:00h a 14:30h e de 16:00h a 20:00h. Unha vez cuberto, deberase entregar no propio Pazo no horario indicado ou tamén se pode enviar por correo electrónico ó enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. A adxudicación de prazas farase por riguroso orde de entrega da solicitude.
A Escola imparte unha formación musical inicial dende os 3 anos de idade e a partir dos 7 anos o alumnado elixe a sua especialidade instrumental entre as materias de oboe, frauta, fagot, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba/bombardino, violonchelo, contrabaixo, guitarra, piano e percusión. Tamén imparte ensinanzas de Linguaxe Musical, Guitarra e Piano para persoas adultas sempre adaptadas e personalizadas ao seu nivel. A actividade da Escola organízase en función do calendario escolar do Concello de Sanxenxo, polo que nos períodos de vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa, así como festivos e non lectivos marcados no calendario como oficiais, non se impartirán clases. As clases de instrumento son sempre individuais. No caso de Iniciación Musical (3 e 4 anos), Música e Movemento (5 e 6 anos) e Linguaxe Musical (a partir dos 7 anos) as clases son grupais.
[PDF] ESCOLA DE MÚSICA: BOLETÍN INFORMATIVO |
[PDF] ESCUELAS MUNICIPALES PERSONAS ADULTAS: BOLETÍN INFORMATIVO