Concello de Sanxenxo - A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

Sanxenxo, 18 de marzo de 2024.- A Concellería de Educación abre o prazo de solicitudes de novo ingreso nas Escolas Infantís Municipais de O Tombo e O Revel para o curso 2024/25. Será dende o martes, 19 de marzo ao 5 de abril.

Fóra deste prazo, so poderán presentar solicitudes nos seguintes casos:

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  • Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

As solicitudes presentaranse preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal) no enlace procesamento electrónico. Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.

Os nenos/as para as que se solicite praza deberán cumprir o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.

As familias que obteñan praza deberán formalizar a matrícula entre o 10 e o 21 de xuño.

Gracias ao sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a atención educativa será gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios.

A permanencia dos nenos/as na escola non pode exceder de 8 horas diarias. O horario máximo de apertura da escola está comprendido entre as 7:30 e as 20:30 horas, de ter demanda real suficiente (30% das prazas totais de cada Escola), unha vez iniciado o curso escolar.

Prazas dispoñibles

 

O TOMBO:

Grupo idade 0-1: 8 plazas

Grupo idade 1-2: 5 plazas

Grupo idade 2-3: 8 plazas

O REVEL

Grupo idade 0-1: 15 plazas

Grupo idade 1-2: 10 plazas

Grupo idade 2-3: 13 plazas

As EIM teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos/as nenos/as con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas de acordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos. Ámbalas dúas Escolas contan tamén co servizo de comedor con cociña nas propias instalacións.

INSTALACIÓNS

EIM O Tombo

  • 1 aula de 0-1 anos
  • 1 aula de 1-2 anos
  • 1 aula de 2-3 anos
  • Patio de xogos exterior común
  • Patio de xogos cuberto común
  • Sala multiusos e zona de comedor multiusos
  • Cociña
  • Zona de administración e dirección

                           

EIM O Revel

  • 2 aulas de 0-1 anos con patio de xogos exterior
  • 2 aulas de 1-2 anos con patio de xogos exterior
  • 2 aulas de 2-3 anos con patio de xogos exterior
  • Patio de xogos cuberto común
  • Sala multiusos e zona de comedor multiusos
  • Cociña
  • Zona de administración e dirección

 

Download this file (IMPRESO SOLICITUDE NOVO INGRESO CURSO 2024-25 EIM SANXENXO.pdf)[PDF] IMPRESO SOLICITUDE NOVO INGRESO CURSO 2024-25 EIM SANXENXO

Download this file (IMPRESO SOLICITUDE NOVO INGRESO CURSO 2024-25 EIM SANXENXO.pdf)[PDF] ANEXO I AUTORIZACIÓN DO OUTRO PROXENITOR 

Download this file (ORDE ADXUDIACION E BAREMO CURSO 2024-2025.pdf) [PDF] ORDE ADXUDIACION E BAREMO CURSO 2024-2025

0
0
0
s2sdefault