Concello de Sanxenxo - O MEDALLISTA OLÍMPICO DE ESGRIMA, JOSÉ LUIS ABAJO “PIRRI” ESTARÁ NA PRIMEIRA CHARLA PARA PAIS EN NAIS DO CFR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

Sanxenxo, 24 de abril de 2024.- Sanxenxo contará un ano máis coas xornadas de formación dirixidas a pais e nais organizadas polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) en colaboración coas ANPAs, os centros educativos e o Concello.

A primeira charla está dirixida tanto a pais e nais como a estudantes de ESO, FP e Bacharelato. Será o próximo martes, 30 de abril, no IES Vilalonga ás 19:00 horas e terá como poñente ao medallista olímpico de esgrima e coach Jose Luis Abajo, “Pirri”. Baixo o título “O método para conseguir os teus obxectivos”, o poñente abordará cuestións como:

  • O autodiagnóstico: coñecer as nosas mellores habilidades para explotalas ao máximo.
  • O autocontrol: disciplina táctica e xestión emocional.
  • A automotivación: planificación de obxectivos realistas.

A seguinte xornada será no Pazo Emilia Pardo Bazán o xoves, 9 de maio, a mesma hora e estará a cargo de Eva Millet, periodista e divulgadora.

O Concello de Sanxenxo, coa finalidade de facilitar a todos os pais e nais a asistencia a estas xornadas, ofrece, previa inscrición no teléfono 986 727 936,  servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos.

0
0
0
s2sdefault