Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PUBLICA AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DO REVEL E DO TOMBOO CONCELLO PUBLICA AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DO REVEL E DO TOMBO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

As familias deberán formalizar a matrícula entre o 10 e o 21 de xuño

Sanxenxo, 23 de maio de 2024.- O Concello publicará as listas definitivas de admitidos nas escolas infantis. Hai lista de espera nas aulas 1-2 tanto da EIM O Revel como da EIM O Tombo. Quedan prazas nos grupos 0-1 e 2-3 das dúas escolas.A partir de agora únicamente se poderán presentar solicitudes nos seguintes casos:

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  • Cambio de residencia da unidade familiar ao Concello de Sanxenxo.
  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 10 e o 21 de xuño (ambos inclusive). Presentarase preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal). Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.

Para a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación. Grazas ao sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a atención educativa é gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios.

As vacantes que se produzan ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os/as nenos/as que formen parte da listaxe de agarda e que poderá sufrir modificacións en función das correspondentes baremacións.

 

0
0
0
s2sdefault