Sanxenxo, 3 de junio de 2024.- A Concellería de Servizos Sociais e Maiores, dirixida por Paz Lago, pon en marcha “Camiñemos” consistente en dous programas dirixidos dende o Taller de Memoria e de Educación Física para Maiores co obxectivo de seguir fomentando hábitos de vida saudables e favorecer a socialización dos nosos maiores. Ambos lévaranse a cabo tódolos venres dende o 7 de xuño ao 5 de xullo.
A través do Taller da Memoria ponse en marcha “Camiñemos Xuntos” que ten como obxectivo principal realizar exercicio físico de maneira moderada e acompañados, por diferentes rutas deseñadas para este fin dentro de Sanxenxo. Trátase dun momento de socialización onde, de maneira distendida, coñezan lugares do municipio. O lugar de saída serán dende o departamento de Servizos Sociais. Así, hai previstas 5 andainas, ás 10 horas:
- 7 xuño: Portonovo- Punta Seame-Cabicastro-Montalvo-Portonovo.
- 14 xuño: A Lanzada-Faxilda.
- 21 xuño: Portonovo-Vicaño-Sanxenxo.
- 28 xuño: Vilalonga-Lagoas de Arnosa-Telleiras.
- 5 xullo: Nantes-O Con da Ventureira.
Dende Educación Física para Maiores ponse en marcha “Camiños saudables” co obxectivo principalde trasadar a actividade física ao exterior, tendo en conta as condicións do colectivo ao que vai dirixida. Buscando lugares destacados pola súa beleza paisaxística ou cultural dentro do municipio.
As rutas previstas son:
- 7 xuño: Portonovo-Sanxenxo. 7 xuño 10.00 h. Saida Campo de fútbol de Baltar de Arriba. Baixada ao paseo da praia de Baltar e percorrido ate Sanxenxo para voltar parando en Punta Vicaño para estirar e rematala sesión.
- 14 xuño: Sendeiro Areas-Dorrón. 14 xuño. Saída vehículos 9.45 h Campo fútbol Baltar ou 10.00h. parking da praia de Areas.
- 21 xuño: Sendeiro litoral Montalvo-Major. 21 xuño. Saída vehículos 9.45h Campo fútbol Baltar ou 10.00h. parking praia Montalvo.
- 28 xuño: A Lanzada. 28 xuño. Saida vehículos 9.45h Campo fútbol Baltar ou 10.00h. parking no comezo da praia na parte de Sanxenxo.
- 5 xullo: Especial fin programa: Ruta fluvial Pedra-Auga Barrantes-Ribadumia. Saida vehículos 9.45h Campo fútbol Baltar ou 10.00h. parking na entrada xunto a rotonda da Saída da vía rápida en Barrantes. Subida á aldea labrega pola ruta fluvial.
Para máis información poden poñerse en contacto con Servizos Sociais a través do teléfono 986 72 79 01 ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..