A partires do día 10 de marzo de 2025 o Concello de Sanxenxo incorporarase á interoperabilidade co COAG a través da plataforma “pasaxe”. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG, a Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo.
Deste xeito, desde a data indicada, consignando o código de expediente/traballos do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente no COAG, o Concello de Sanxenxo accederá á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal, de xeito que xa non será preciso que o promotor ou o seu representante aporte a documentación técnica a través do rexistro municipal.
Como funciona?
Basta que os arquitectos redactores autoricen a descarga e proporcionen ao promotor que solicita a licenza ou outras autorizacións, o código de expediente e traballo(s), para que se indique(n) na solicitude. A partires dese momento, o Concello de Sanxenxo poderá descargar a documentación técnica desde o COAG para que quede incorporada ao expediente municipal, sendo notificados os arquitectos autores no momento no que esta descarga se produza.
Como se realiza a autorización do promotor?
Só é preciso consignar no formulario de solicitude de licencia e outras autorizacións (presenciais ou online) os traballos profesionais correspondentes (número de expediente COAG e número(s) dos traballo(s)).
É importante subliñar que, ademais do código de expediente, se deben autorizar e consignar todos os traballos para os que se autoriza a descarga. Por exemplo, si se atopan visados/rexistrados no COAG, dentro do expediente núm. 000001, os traballos 2 (proxecto de execución), (3) folla de estatística, (4) oficio de dirección, consignaríanse na solicitude o número de expediente 000001 e os traballos 2,3,4.
Autoriza ao Concello de Sanxenxo o acceso telemático ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a obtención dos traballos técnicos en formato dixital que son obxecto desta solicitude
Núm. Expediente: 000001 Núm. Traballo: 2,3,4