NOTA INFORMATIVA DO CONCELLO DE SANXENXO
Asunto: Exposición pública da mellora da cartografía catastral en DORRÓN
O Concello de Sanxenxo INFORMA que, como parte dos traballos de mantemento e mellora da información territorial que se están a levar a cabo conxuntamente coa Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra, Segipsa e a empresa EIBISA NORTE
INFORMA
A partir do 2 de xullo de 2025, comezará a exposición pública da mellora da cartografía catastral nos núcleos de REXENXO, RECAREI E FREIXEIRO, na parroquia de DORRÓN.
A exposición terá lugar no CENTRO CULTURAL MUNICIPAL DE DORRÓN e estará aberta ata o 15 de xullo de 2025, de 8:30 a 15:30.
Durante este período, os veciños poderán revisar os cambios propostos nas cartografías e, se procede, presentar comentarios ou aclaracións a través do correo electrónico habilitado Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou de forma presencial durante o período de exposición.
Esta información tamén se pode consultar na web municipal do Concello de Sanxenxo https://www.sanxenxo.es