Concello de Sanxenxo - #Sanxenxofala en Culturgal
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias cultura

Sanxenxo estará en Culturgal co título #sanxenxofala.

Culturgal é unha feira que celebra a súa decima edición e na que estarán un total de 20 expositores. A feira das industrias culturais de Galicia, que se celebrará en Pontevedra os días 1,2 e 3 de decembro. 

O noso municipio presentará en Culturgal dous vídeos que buscan la promoción da lingua e da nosa cultura. 

Estes vídeos foron presentados hoxe ás asociacións que participaron na súa gravación e agora poderán ser difundidos a través das redes sociais. 

Os obxectivos da participación en Culturgal son o fomento do uso da lingua galega entre os diferentes colectivos, dinamizar o galego nos ámbitos educativos, turístico social e de lecer e promocionar e dar a coñecer artistas galegos que fan música e crean en galego. 

En Sanxenxo a normalización lingüística é unha liña transversal no día a día, en todas as actividades que se desenvolven, tanto dende a administración como tamén dende o movemento asociativo, que contribúe a enriquecer a oferta cultural, educativa e de ocio. 

A Concellería de cultura e educación traballa dende fai más dunha década no momento da nosa lingua. 

Por iso, dende esta concellería se levan a cabo proxectos como o concerto pola lingua, a animación á lectura na rede de bibliotecas públicas, a animación a lectura nos centros públicos a través do equipo de animación sociocultural e as ludotecas na rúa. 

Paz lago, concelleira de cultura e educación quere “destacar a labor e o traballo das asociacións do municipio, que realizan actividades que teñen que ver co fomento da lingua”. Este é o caso da Asociación Cultural Abiñadoira, coa semana cultural, a Asociación Soalleira de Dorrón coa muiñada popular e a xornada da cultura galega, o concurso literario e festa dos maios do circulo cultural e deportivo de Sanxenxo e o concurso literario do IES Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault