Concello de Sanxenxo - XVIII concurso de debuxos “Sanxenxo no Nadal”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias cultura

Un ano máis convócase o Concurso de debuxos, “Sanxenxo no nadal” e con esta xa son XVIII as edicións celebradas. 

As bases para participar no concurso son as seguintes:

  • Poderán participar tódolos rapaces/as de educación infantil e primaria dos centros de ensino do Concello de Sanxenxo.
  • Os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos. Presentaranse en tamaño DIN A4 con técnica libre. 
  • Os traballos non poderán levar ningún material adicional (la, algodón, pasta, follas de árbores, etc..).
  • Serán excluídos aqueles debuxos que presenten a técnica do calco.
  • Temática do debuxo “SANXENXO NO NADAL”.
  • Os debuxos deberán presentarse cos datos do autor no dorso do debuxo. Estes datos serán: Nome e apelidos, idade e centro de ensino ó que pertence.
  • Establécense as seguintes categorías:
             o Educación infantil
             o 1º Ciclo de Educación Primaria
             o 2º Ciclo de Educación Primaria
             o 3º Ciclo de Educación Primaria
  • Premiaranse o primeiro, segundo e terceiro traballo elixidos de cada categoría.
  • Os premios desde concurso consisten nun lote de material escolar. Ademais, todos os premiados e finalistas estarán convidados a participar na Cabalgata de Reis organizada polo concello, que terá lugar o día 5 de xaneiro.
  • Xurado cualificador será nomeado pola Concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, e estará integrado por: técnicos municipais e representantes de asociacións culturais do Concello. O seu fallo será inapelable.
  • O prazo improrrogable da presentación rematará o 12 de decembro do 2017 ás 10,00 horas. A entrega farase no mesmo centro de ensino e un responsable municipal recollerá os traballos ese día pola maña.
  • Os traballos pasarán a ser propiedade do O.A. Terra de Sanxenxo, podendo ser utilizados na forma e fins que estime oportuno.
  • Cos traballos presentados, farase unha exposición virtual na web municipal www.sanxenxo.es. Ademais, os traballos gañadores e finalistas estarán expostos ao público dende o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro do 2018 nas instalacións do Pazo Emilia Pardo Bazán.
0
0
0
s2sdefault