COMPETENCIAS
- TELMO MARTÍN GONZÁLEZ (Alcalde-Presidente)
- Turismo de Sanxenxo.
- O.A. Terra de Sanxenxo.
- Nauta.
- Ínsula.
- CULTURA E EVENTOS. Elena Torres
Competencias: Programación de actividades culturais, xestión das bibliotecas e espazos socioculturais municipais, festas, eventos, espectáculos e defensa do patrimonio histórico e cultural.
- DEPORTES, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO. Marcos Guisasola
Competencias: Programación deportiva, xestión instalacións deportivas, promoción do deporte e hábitos saudables, actividades e programas para xoves e voluntariado.
- EDUCACIÓN. Natividade Parada
Competencias: Educación e xestión dos centros educativos, escolas infantís, escola de música municipal, escola municipal de adultos, CIM, promoción da igualdade, atención e asesoramento a vítimas de violencia de xénero.
- FACENDA, ECONOMÍA E PERSOAL. Paula Martínez
Competencias: Elaboración de Orzamentos, ordenanzas fiscais, consumo e comercio, desenvolvemento empresarial, xestión do persoal municipal, contratación, convenios, subvencións, responsabilidade patrimonial e participación cidadá.
- MEDIO AMBIENTE, MANTEMENTO E SERVIZOS. Yago Torres
Competencias: Protección de medio ambiente e calidade ambiental, mantemento de parques e xardíns, xestión de residuos e lixo, limpeza viaria, punto limpo, iluminación municipal, aforro enerxético e educación ambiental, protección animal, obras de mantemento e reparación de bens municipais, servizo de auga, saneamento e depuración e cemiterios municipais.
- PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA E VIVENDA. María Deza
Competencias: Plan e xestión urbanística, control da edificación, disciplina urbanística, patrimonio municipal do chan, política social de vivenda e inventario municipal.
- SEGURIDADE CIDADÁ E EMERXENCIAS. Xoán Pérez
Competencias: Policía Local, servizo de Emerxencias, vixilancia no cumprimento de bandos, ordenanzas, policía ambiental, xestión de taxis, e control de seguridade en edificios públicos
- SERVIZOS SOCIAIS E MAIORES. Paz Lago
Competencias: Prestación de servizos sociais básicos, atención social de emerxencia, xestión do Servizo de Axuda no Fogar, orientación familiar e educación social, atención a persoas maiores e xestión do Centro de Día.
- TURISMO. Juan Deza
Competencias: Promoción turística e desenvolvemento dos selos distintivos de calidade, xestión de praias, proxectos europeos turísticos, Feira de Artesanía de Portonovo e xestión de oficinas de turismo.
Liña directa cos concelleiros
Cubra este formulario para poñerse en contacto connosco e atenderémoslle o máis axiña posible.